Somos sete galegos, afincados en Cataluña, amantes da cervexa. Estamos constituidos como Asociación cultural sen ánimo de lucro, co obxectivo de estudar e difundir a cultura cervexeira.
Tamén elaboramos as nosas propias receitas. A primeira delas é Birrantia Marela, a nosa rubia Pale Ale.
BIRRANTIA, onde decotío chove pra riba, era cidade irmá de Brigantia e abeiro de Breogán, fogar de bardos e druídas, berce dos millores e máis potentes beberaxes. Ate nós chegaron as fórmulas das súas míticas cervexas, feitas cos máis seleccionados graos e lúpulos, e celebérrimas augas galegas.